Cebola morada encurtida

Como xa puxen na receita de cochinita pibil , este é o acompañamento que máis me gusta. É unha receita moi fácil de facer e aguanta bastante na neveira, poden envasarse ao baleiro para telas dispoñibles en calquera momento. As cebolas encurtidas acompañan moi ben a carne e o friame. 
Utilicei chiles jalapeños en escabeche porque son os únicos que podo conseguir, danlle un puntiño picante que está moi ben, a quen lle guste moito o picante pode engadir máis. Para picar os chiles é mellor poñer luvas porque se non, aínda que laves moito as mans, quedaran restos de picante e haberá que ter coidado de non tocar os ollos, a boca, etc...



Ingredientes:

4 cebolas, 400 g de auga 150 g de vinagre, pementa negra, 2 chiles jalapeños en escabeche, media culler de sal.


Elaboración:


  1. Pelar as cebolas e cortalas en anacos moi finos, mellor usar unha mandolina.
  2. Poñer auga a ferver e escaldar a cebola durante un par de minutos.
  3. Tirar a auga e reservar a cebola.
  4. Mesturar os 400 g de auga o vinagre e o sal.
  5. Botar a cebola na mestura. Engadir a pementa ao gusto.
  6. Picar os chiles en anacos moi pequenos.
  7. Engadir os chiles.
  8. Deixar a cebolas repousando, polo menos dúas horas, antes de consumilas.
  9. Estarán máis ricas canto máis tempo leven repousando. Aguantan ben na neveira. Tamén podenenvasarse ao baleiro.


Dificultade: Facilísima.
Tempo aproximado: 30 minutos.
Alérxenos: Non contén.

Comentarios