Flan de leite condensado


Nada máis clásico que un flan, pero a quen no lle gusta? Este está feito con leite condensado e leite evaporado aromatizados con canela e pel de limón, queda moi saboroso. A receita non ten ningunha dificultade, pero eso si coidado á hora de facer o caramelo que pode superar os 160ºC.


Ingredientes:

1 bote pequeno de leite condensado (350g), 4 ovos, 500 ml de leite evaporado, 200 g de azucre, 1 pau de canela, a pel dun limón.

Elaboración:

  1. Poñer a quentar o leite evaporado xunto co pau de canela e a pel de limón.
  2. Cando empece a ferver retirar do lume e deixar ata que estea morno.
  3. Mesturar co leite condensado.
  4. Bater os ovos e engadilos á mestura anterior.
  5. Poñer nun cazo os 200 g de azucre e quentalos a lume medio ata que se faga un caramelo escuro.
  6. Pasar o caramelo aos moldes ou molde, nos que se quere facer o flan, repartilo polo fondo xirando o recipiente.
  7. Acender o forno a 150ºC.
  8. Coar a mestura de leite e ovos e repartila nos moldes.
  9. Meter os moldes ao forno nunha bandexa con auga.
  10. Dependendo do tamaño dos moldes os flans estarán despois de 40 ou 60 minutos. Para comprobar que están feitos introducir un coitelo, se sae limpo é que están listos.


Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 90 minutos.
Alérxenos: