Xeado de aguacate

Sempre ando buscando novas ideas para xeados, non me acordo onde, encontrei un xeado feito con aguacate, pareceume interesante. O resto de ingredientes funos improvisando e o resultado foi un xeado moi fácil de facer e moi rico. Combina de marabilla co xeado de chocolate do 70%.



Ingredientes:

1 aguacate maduro, 180 g de leite condensado, media lima, 2 culleres de iogur grego.

Elaboración

  1. Pelar o aguacate, poñelo no vaso da batedora e facer un puré.
  2. Mesturar o leite e o iogur e seguir batendo.
  3. Engadir o zume de media lima e a pel relada.
  4. Arrefriar rápido e deixar repousar no frigorífico 12 horas.
  5. Pasar o preparado á máquina de xeados*.
  6. Gardar no conxelador. 
  7. Para consumir sacar un pouco antes.

*Pode facerse sen máquina metendo a mestura no conxelador ata que empece a conxelar, entón sácase e bátese, repítese esta operación ata que o xeado quede cremoso.


Dificultade: Moi fácil
Tempo aproximado: 30 minutos máis o repouso.
Alérxenos:

Comentarios