Tomates pasificados con queixo e aceite de albahaca

Hai tempo que fixen unha receta similar cuns tomate cherry  e o outro día, comendo nun restaurante, volvín a tomar os tomates pasificados, ou case secos, e lembrei o moito que me gustaban, así que busquei a vella receita e aquí están. Neste caso utilicei tomate kumato dos que tiña moitos na horta.
O queixo do cebreiro gústame moitísimo e pensei que quedaría moi ben con estes tomates. O aceite de albáfega dálle un punto máis fresco. O conxunto quedou moi rico. Antes de que se acaben os tomates teño que repetir.



Ingredientes:

1 kg de tomates, 20 g de xenxibre fresco, 2 litros de auga, 300 ml de salsa de soia, 600 g de azucre, 15 g de albahaca, aceite virxe extra dunha variedade suave (arbequina, koroneiki,...),queixo do cebreiro ao gusto, sal Maldon.


Elaboración:

Para os tomates
  1. Cortar en cruz un pouco da pel dos tomates. Poñer auga a ferver e escaldar os tomates 1 minuto.
  2. Pasalos a auga fría e quitarlles a pel.
  3. Poñer os dous litros de auga, a salsa de soia e o azucre a ferver.
  4. Cando estean fervendo engadir os tomates e esperar que volvan a ferver.
  5. Retirar do lume e deixar os tomates no líquido durante dúas horas.
  6. Pasar os tomates a un coador e deixalos repousar 1 hora.
  7. Quentar o forno a 100ºC.
  8. Poñer os tomates nunha bandexa para o forno e metelos durante 5 horas.
  9. Sacar do forno e reservar.

Aceite de albáfega
  1. Poñer auga a ferver e engadir a albahaca durante un minuto.
  2. Pasar a albahaca a auga fría.
  3. Secala entre papeis de cociña.
  4. Poñer a albahaca e o aceite no vaso da batedora e bater ata que albahaca estea ben picada.
  5. Pasar a mestura por un coador moi fino, reservar.

Montaxe:
  1. Poñer nunha fonte ou nun prato os tomates pasificados e engadirlles unhas escamas de sal Maldon.
  2. Engadir o queixo do cebreiro, esnaquizado , ao gusto. Botar por enriba aceite de albahaca.


Dificultade: Fácil
Tempo aproximado: 9 horas
Alérxenos:


Comentarios