Que rico é o toffee e ademais ben fácil de facer. De vez en cando fago un bote que, normalmente, non dura moito. Nesta ocasión decidín facer un xeado que será o último desta tempada, quedou moi rico e cremoso. O xeado tamén é moi fácil de facer así que aquí temos dúas receitas sinxelas e deliciosas.
*Pode facerse sen máquina metendo a mestura no conxelador ata que empece a conxelar, entón sácase e bátese, repítese esta operación ata que o xeado quede cremoso.
Ingredientes:
1 bote de leite condensado de 350 ml, 250 ml de leite evaporado, 125 ml de nata (35%)Elaboración:
- Poñer o bote de leite condensado nunha tarteira con auga. Quentar e deixalo ferver durante dúas horas controlando que a auga cubra totalmente, e sempre, o bote de leite condensado.
- Deixar arrefriar o bote sen abrilo, pode ser perigoso.
- Cando o bote estea a temperatura ambiente abrilo e poñer o toffee nunha tarteira co leite evaporado e a nata.
- Poñer a quentar a lume suave remexendo ata que o toffee se desfaga totalmente.
- Deixar arrefriar a mestura.
- Gardar na neveira ata o día seguinte.
- Pasar o preparado á máquina de xeados*.
- Gardar no conxelador.
- Para consumir sacar un pouco antes.
*Pode facerse sen máquina metendo a mestura no conxelador ata que empece a conxelar, entón sácase e bátese, repítese esta operación ata que o xeado quede cremoso.
Comentarios
Publicar un comentario
Encantaríame saber a túa opinión