Pastel xaponés de queixo

A primeira vez que fixen este pastel quedei moi sorprendida pola súa textura, parece máis unha mousse ou un souffle que os típicos pasteis de queixo, ademais, non é excesivamente doce polo unha vez que empezas a comer non paras. Agora é o meu pastel de queixo preferido. E outra cousa importante é que non tiven que adaptar a receita para facelo sen glute.

Ingredientes:

300 g de queixo crema, 45 g de manteiga, 3 ovos, 20 g de azucre, 11 g de amidón de millo (Maizena), 150 g de leite, 55 g de azucre.







Elaboración:

  1. Acender o forno a 180ºC poñendo dentro unha bandexa con auga.
  2. Preparar un molde duns 20 cm de diámetro forrándoo con papel de forno. O papel ten que sobresaír 1,5 cm, polo menos, do borde do molde.
  3. Separar as claras da xemas.
  4. Meter as claras no conxelador ata que empecen a conxelar os bordes.
  5. Mesturar as xemas cos 20 g de azucre e o amidón, remexer ata que quede unha mestura homoxénea.
  6. Poñer a quentar o leite.
  7. Botar un pouco de leite morno sobre a mestura de xemas para que estea máis fluída.
  8. Cando o leite empece a ferver botarlle a mestura de xemas e non deixar de remexer ata que espese. Reservar.
  9. Fundir a manteiga no microondas.
  10. Meter o queixo crema no microondas durante 15 s para que quede brando.
  11. Mesturar o queixo crema e a manteiga.
  12. Engadir á mestura de queixo e manteiga a crema feita coas xemas. Remexer ata que todo estea ben integrado.
  13. Bater as claras cos 55 g de azucre ata ter un merengue.
  14. Engadir o merengue á mestura do punto 12, remexer suavemente para que as claras non baixen.
  15. Botar a mestura no molde e meter no forno durante 15 minutos, logo baixar a temperatura a 160ºC e deixalo 25 minutos. Apagar o forno e deixar o pastel dentro durante 40 minutos ou unha hora. 
  16. Sacar do forno e deixar que termine de arrefriar sen sacalo do molde. Estará máis rico ao día seguinte.




Dificultade: Media
Tempo aproximado: 30 minutos + o tempo de forno
Yum Goggle Top 80 Cheesecake Recipe Roundup

Comentarios

  1. Tiene que estar increíble!

    ResponderEliminar
  2. Que pinta más buena tiene!! Y parece super sencillo!! Lo probamos seguro!!

    Saludos 'especiados'

    ResponderEliminar
  3. Ola, son 11 gramos de fariña ou 110?. O certo é que 11 parece un número extraño e como fixen a receita pero quedou algo chuchurría (moi rica, pero a consistencia deixaba algo que desexar, igual está aí o erro)... non o sei. Graciñas de antemán

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Encantaríame saber a túa opinión