Brownie de chocolate con noces e salsa de piña

Esta receita é a adaptación dunha que aparece no libro "Arzak recetas" e creo que a combinación do biscoito de chocolate, que leva manteiga, e a piña, fai que sexa  un  postre maís lixeiro e dixestivo.
Encántame a piña e o brownie, que é un dos meus biscoitos preferidos, así que este postre non dura moito.

Ingredientes:

125 g de manteiga, 70 g de chocolate (55%), 4 ovos, 150 g de azucre, 80 g de noces peladas, 60 g de amidón de millo, 1/2 piña mediana madura, 1/2 vaíña de vainilla, media culleriña de xantana*.

*En vez de xantana pode usarse xelatina para espesar un pouco a salsa de piña


Elaboración:

  1. Acender o forno a 180ºC, arriba e abaixo.
  2. Partir as noces en anacos non moi pequenos.
  3. Mesturar as noces e a fariña.
  4. Forrar o molde con papel de forno.
  5. Bater os ovos e o azucre ata que dobre o volume.
  6. Fundir o chocolate e a manteiga no microondas, ou ao lume moi suave.
  7. Engadir a manteiga e o chocolate fundido pouco a pouco á mestura de ovos e azucre.
  8. Engadir a fariña e as noces á mestura anterior, remexendo con suavidade.
  9. Pasar a mestura ao molde e meter no forno durante 25 minutos.
  10. Deixar arrefriar ben antes de sacar do molde.
  11. Pelar e cortar a piña.
  12. Triturala ata ter un puré.
  13. Pasar o puré polo coador e poñer o licuado de piña nun cazo coa vaíña de vainilla aberta. Se a piña non está moi madura botar un pouco de azucre ao gusto.
  14. Poñer  a lume suave e cando empece a ferver engadir a xantana batendo forte para que non faga grumos.
  15. Deixar arrefriar e servir xunto co brownie.

Suxestión: Tamén pode acompañarse o brownie con noces e anacos de piña caramelizados.

Dificultade: Media.
Tempo aproximado: 50 minutos

Comentarios