Marmelada de mandarina con xenxibre

Sigo coas marmeladas e os cítricos. Esta receita é moi similar á anterior de marmelada de laranxa
Como normalmente as mandarinas son máis doces que as laranxas esta marmelada leva menos azucre, quedou un pouquiño máis amarga que a anterior, neste caso non as cocín primeiro con sal, pero aínda que a min non me encanta o amargo a marmelada paréceme que quedou moi rica. 




Ingredientes:

1 kg de mandarinas, 500 g de azucre, 1 l de auga, 1 anaco de xenxibre de 1 dedo de espesor cortado en tres.


Elaboración:

  1. Cortar as mandarinas en toros moi finos, pode facerse cunha mandolina.
  2. Poñer as mandarinas na tarteira cubertas coa auga e engadir o xenxibre. Poñer ao lume a que ferva lentamente.
  3. Deixar que fervan uns 30 minutos , apagar o lume e deixalas repousar ata o día seguinte.
  4. Engadir o azucre e poñer a ferver ao lume suave e sen remexer.
  5. Cando a temperatura estea próxima a 100ºC remexer de vez en cando.
  6. A marmelada estará feita cando acade unha temperatura de 104º ou 105ºC.
  7. Deixar que arrefríe e pasar a marmelada a botes de cristal ben limpos. 
  8. Se vai consumirse en poucos día pode gardarse na neveira, senón pechar os botes facendo o baleiro.


Dificultade: Fácil
Tempo aproximado: 1 hora o primeiro día, 2 horas o segundo
Alérxenos: Non contén

Comentarios