Marmelada de tomate

Ingredientes:

1,5 kg de tomate pelado e sen pebidas, 400 g de azucre, o zume de un limón, 4 ou 5 cravos, medio pau de canela.




Elaboración:

  1. Poñer os anacos de tomate nunha tarteira e engadir todos os demais ingredientes. Remexer.
  2. Deixar repousar 24 horas.
  3. Poñer a tarteira ao lume e deixar fervendo 1,5 horas, remexendo de cando en vez.
  4. Deixar arrefriar e gardar en botes ao baleiro ou pódese conxelar.


Dificultade: Facilísima.
Tempo aproximado: 2 horas.


Comentarios