Ingredientes:
20 mexillóns, 10 gambas, 10g de alga Wakame seca, 1 allo porro, 2 cebolas medianas, 125 g de tomate natural triturado, 50 ml de brandy, 3 ovos, 250 ml de nata, sal, pementa negra moída, aceite de oliva virxe extra.Elaboración:
- Poñer as algas a remollo.
- Poñer os mexillóns nunha tarteira a lume suave ata que se abran co seu vapor.
- Pelar as gambas e reservar as cabezas.
- Picar a parte branca do allo e unha das cebolas.
- Poñer nunha tixola o allo porro e a cebola cun pouco de aceite e facer a lume suave ata que estean transparentes.
- Engadir á tixola as cabezas das gambas e esmagalas para que solten os xugos. Engadir a metade do brandy e a metade do tomate triturado. Deixar que se faga todo a lume lento.
- Cando os mexillóns están cocidos, sacalos da cuncha, coar a auga que soltaron na cocción e reservar.
- Engadir á tixola uns 125 ml da auga que soltaron os mexillóns, remexer e deixar que ferva todo uns 5 minutos.
- Triturar moi ben o contido da tixola e logo pasar o puré por un coador fino, probar para rectificar de sal se é necesario. Reservar o puré.
- Picar a segunda cebola e poñela nunha tixola cun pouco de aceite deixar que se faga a lume lento ata que estea transparente.
- Engadir á tixola os mexillóns e as gambas, remexer e deixar que se fagan.
- Engadir á tixola os pementos picados e as algas, o resto do tomate, o resto do brandy e un pouco de pementa.
- Engadir á tixola 4 culleres grandes do puré feito coas cabezas das gambas.
- Bater os ovos e engadirlles a nata.
- Pasar pola batedora o contido da tixola e unha vez triturado, mesturalo cos ovos e a nata.
- Pasar esta mestura a un molde de cake de silicona ou metálico, neste caso untalo de manteiga e espolvorear con pan relado sen glute.
- Acender o forno a 150 ºC poñendo unha bandexa con auga.
- Cando o forno acade a temperatura meter o molde ao baño María durante uns 45 minutos, antes de sacar comprobar que o pastel estea callado pinchando cun coitelo, se está feito o coitelo ten que saír limpo.
- Deixar arrefriar antes de sacar do molde.
- Servir co puré feito coas cabezas de gambas, pode servirse frío ou quente e acompañalo de algas aliñadas con zume de limón.
Dificultade: Media.
Tempo aproximado: 2 horas.
Comentarios
Publicar un comentario
Encantaríame saber a túa opinión