xoves 23 xaneiro 2014

Pauciños de fariña de garavanzo

Ingredientes:

150 g de fariña de garavanzos sen glute, 30 g de Maizena, 30 g de sementes de sésamo sen glute,90 g de auga, 40 g de aceite de oliva virxe extra, 4 g de lévedo de repostaría, 3g de sal, 1 g de azucre.





Elaboración:

  1. Mesturar todos os ingredientes sólidos, remexer.
  2. Engadir o aceite e a auga remexendo. Formarase unha masa un pouco pegañenta.
  3. Acender o forno a 200ºC.
  4. Formas pauciños coas mans e poñelos na fonte do forno cuberta de papel ou tapete de silicona.
  5. Meter no forno durante 25 minutos ata que estean un pouco dourados.


Recollida en Garstronomía y Cia.


Dificultade: Facilísima.
Tempo aproximado: 45 minutos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Encantaríame saber a túa opinión