Saltar ao contido principal
Payasam* de anacardios e cenorias
Ingredientes:
100 g de anacardios (sen sal e sen torrar), 1L de leite, 110 g de cenorias, 75 g de azucre, 1 culleriña de cardamomo en po, 1 culleriña de manteiga.
Elaboración:
- Quentar 300 ml de leite e poñer nela os anacardios a remollo durante 30 minutos.
- Poñer nun cazo de fondo groso o resto do leite a quentar a lume moi suave ata que reduza a 500 ml, tardará unha hora aproximadamente. Remexer de vez en cando para que non se pegue.
- Relar a cenoria e cociñala na tixola coa manteiga durante uns 5 minutos, reservar.
- Mesturar os anacardios co leite no que estiveron a remollo e a cenoria e pasalos pola batedora ata obter unha crema.
- Cando o leite estea reducido engadir a crema de anacardios e cenoria e o azucre, remexer e deixar a lume suave uns 15 minutos.
- Engadir o cardamomo, remexer, deixar repousar e meter ao frigorífico.
- Servir moi frío.
Dificultade: Facilísima.
Tempo aproximado: 1 hora e media.
*Payasam, postre indio.
Comentarios
Publicar un comentario
Encantaríame saber a túa opinión