Ingredientes:
600 g de cabaciña relada, 100 g de fariña de améndoa, 150 g de queixo Gouda relado, 1 culleriña de sal, 2 ovos, 3 culleriñas de ourego seco, pementa negra moída, 2 latas de tomate triturado, 150 g queixo mozzarella relado, unhas follas de albahaca fresca.Elaboración:
- Acender o forno a 250ºC.
- Botarlle o sal á cabaciña relada, deixar repousar 1/2 hora, máis ou menos, para que perda a auga.
- Despois da hora pasar a cabaciña a un pano limpo e retorcelo para el eliminar a maior cantidade posible de auga.
- Mesturar a cabaciña con 1 culleriña de ourego, a fariña de améndoa, o queixo gouda e os dous ovos batidos.
- Estender a mestura sobre papel do forno facendo un círculo duns 20 cm de diámetro e uns 0,5 cm de grosor. Beliscar os bordos para que se forme cortiza.
- Meter a base no forno uns 10 minutos ata que empece a dourarse. Sacar do forno e reservar.
- Baixar o forno a 180ºC.
- Poñer o tomate triturado ao lume nunha tixola para que perda a auga e espese.
- Engadir ao tomate 2 culleriñas de ourego.
- Estender o tomate sobre a base da pizza. Botarlle por enriba o queixo mozzarella e meter no forno ata que o queixo estea dourado.
- Sacar a pizza do forno e poñer por riba as follas de albahaca.
A base da pizza esta adaptada de My humble kitchen
Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 1 hora e 30 minutos
Comentarios
Publicar un comentario
Encantaríame saber a túa opinión