sábado, 25 de outubro de 2014

Pasteliños de cabaza con marmelada de cogomelos

Ingredientes

Pasteliños: 200 g de cabaza cocida, 125 g de iogur natural, 100 g de nata semimontada, 6 g de xelatina.

Marmelada: 250 g de cogomelos variados (vale calquera tipo), 180 g de azucre moreno, o zume dun limón, a pel dun limón relada, 40 g de mazá  con pel cortada en tiras finas.




Elaboración:

Pasteliños
  1. Poñer a xelatina a remollo en auga.
  2. Mesturar a cabaza cocida e o iogur coa batedora de man.
  3. Semimontar a nata.
  4. Poñer a xelatina escorregada nun cazo a lume suave ata que funda.
  5. Mesturar a xelatina co puré de cabaza e iogur.
  6. Engadir a nata á mestura anterior. 
  7. Pasar a mestura a moldes pequenos e gardar na neveira ata que calle.

Marmelada:
  1. Cortar as setas e poñelas nun cazo co resto dos ingredientes. Deixar ao lume suave ata que ferva.
  2. Retirar do lume e reservar ata que estea ben fría.
  3. Pasar pola batedora sen chegar a facer un puré homoxéneo.

Montaxe:
  1. Tostar os piñóns.
  2. Sacar os pasteliños dos moldes. Botarlles por enriba a marmelada ao gusto.
  3. Poñer dous ou tres piñóns enriba de cada pasteliño.




Dificultade: Fácil.

Tempo aproximado: 40 minutos de preparación máis o tempo necesario para que callen os pasteliños

Receta adaptada de "Recetas antiaging" Carme Ruscalleda.

Con esta receta participo en el Reto de Otoño 2014 de Cocineros de Mundo en Google+ en el apartado de Dulce