Laranxas confeitadas

Ingredientes:

2 laranxas, 200g de auga, 200 g de azucre, unha presa de sal.




Elaboración:


  1. Lavar ben as laranxas.
  2. Cortar as laranxas en toros finos, tendo coidado de que non rompan.
  3. Poñer os toros nun cazo con sal e auga.
  4. Poñer a ferver durante uns minutos.
  5. Tirar a auga salgada e lavar os anacos de laranxa con moito coidao para que non rompan.
  6. Poñer outra vez os toros de laranxa no cazo con auga.
  7. Volver a ferver durante uns 10 minutos.
  8. Tirar a auga.
  9. Poñer os 200 g de auga e os 200 g de azucre no cazo cos toros de laranxas.
  10. Ferver suavemente durante uns 30 minutos. Vixiar que o xarope non se faga moi denso.
  11. Deixar arrefriar.
  12. Sacar os anacos de laranxa do xarope e poñelos sobre un silpat ou sobre papel do forno.
  13. Acender o forno a 100ºC co ventilador. 
  14. Meter as laranxas no forno e deixalas ata que sequen, uns 30 minutos aproximadamente.
Suxestións: Gardar o xarope para aromatizar un biscoito. As laranxas confeitadas valen para adornar unha tarta ou para comelas como golosinas.



Dificultade: Fácil
Tempo aproximado: 1 hora e 30 minutos.

Comentarios