Ingredientes:
Unha cola de abadexo de 1 kg, aproximadamente, aberta e sen espiña, 5 amorodos maduros, 1 mandarina, 2 laranxas sanguiñas, 300 g de sal groso, 150 g de azucre moreno , xenxibre fresco.Elaboración:
- Mesturar o sal e o azucre.
- Poñer unha fonte a cola de abadexo coa pel para abaixo.
- Relar a pel da mandarina e refregar con ela o peixe.
- Relar o xenxibre e refregalo polo peixe.
- Botar un pouco da mestura de sal e azucre por enriba do peixe.
- Estrullar as fresas e refregalas polo peixe.
- Pelar as laranxas "ao vivo" e refregalas polo peixe.
- Cubrir o peixe coa mestura de azucre e sal.
- Envolver a fonte co peixe con film de cociña, poñer enriba peso e gardar na neveira como mínimo 12 horas e mellor 24 horas.
- Limpar o peixe cun pano húmido ata que quede sen sal.
- Se non se vai tomar enseguida gardar a cola en aceite, na neveira.
- Cando se queira tomar, cortar o peixe en láminas finas e servir sobre un tosta de pan, engadir aceite e pel relada de cítricos.
Dificultade: Fácil
Tempo aproximado: 20 minutos máis o tempo de repouso na neveira.
Gustame ver "aqui" unha receita escrita en galego. Noraboa!!!.
ResponderEliminarE por outro lado a receita gustoum moitisimo, penso facela pero xa,
Moitas grazas
Maribel Valdivieso
Moitas grazas pola túa visita, a receita e moi fácil e rica, xa me contarás cando a probes. Bicos.
Eliminar