Ingredientes:
1 ovo, 150 g de manteiga a temperatura ambiente, 200 g de fariña de améndoa, 200 g de fariña de repostaría sen glute, 100 g de azucre, 4 mandarinas, 1 xema de ovo, azucre glass.Elaboración:
- Bater o ovo coa manteiga.
- Cando estean en pomada ir engadindo o azucre, a améndoa e a fariña.Seguir batendo.
- Espremer unha mandarina e engadir o zume á masa.
- Relar a pel dunha mandarina e engadila á masa.
- Envolver a masa en film e facer un rolo con ela. Metela na neveira durante unhas 3 horas.
- Cortar as mandarinas restantes en toros moi finos e reservar.
- Acender o forno a 180ºC.
- Sacar a masa da neveira e cortar o rolo en discos duns 5 cm de diámetro para facer as galletas.
- Colocar as galletas en nunha bandexa de forno cuberta con papel. Separalas uns 2 cm.
- Poñer enriba de cada galleta un toro de mandarina, apretalo un pouco para que quede ben pegado á galleta.
- Pintar as galletas coa xema de ovo batida.
- Meter as galletas no forno durante 14 minutos.
- Sacalas do forno e deixalas arrefriar, botarlles por enriba azucre glass.
Dificultade: Media.
Tempo aproximado: 1 hora máis o repouso da masa.
Con esta receita participo no Reto de Febreiro 2015 de "Cocineros de Mundo" en Google+ no apartado de Doce
Con esta receita participo no Reto de Febreiro 2015 de "Cocineros de Mundo" en Google+ no apartado de Doce
Una extraordinaria receta, me imagino el agradable sabor de las galletas. Suerte en el reto. Un abrazo.
ResponderEliminarMuchas gracias Sonsoles¡¡
EliminarQue buenas deben estar esas galletas :)
ResponderEliminarMuchas gracias Carola¡ ya ves que son fáciles de hacer, si las pruebas ya me contarás
EliminarAs fixo a miña nai é testifico que san deliciosas
ResponderEliminarAs fixo a miña nai e quedaron boísimas
ResponderEliminarMoitas grazas polo teu comentario Neli¡¡¡
Eliminar