Se hai un molusco que me gusta é a vieira. Encántame preparada da forma tradicional, gratinada con moita cebola pochada, pero tamén me gusta de calquera outro xeito e cada vez gústame máis pouco cociñada. Nesta receita a vieira está crúa e co estupendo aroma que lle dan o cilantro e a lima.
Ingredientes:
8 vieiras limpas, 1 lima, sal maldon, 1 cebola pequena, cilantro fresco, pementa negra moída, chile picado, 2 culleres de aceite de oliva virxe extra variedade arbequina.Elaboración:
- Cortar os medallóns de vieiras en láminas moi finas, repartilas nun prato.
- Botar un pouco de sal por enriba.
- Cortar a cebola en láminas moi finas e distribuíla por enriba das vieiras. Reservar
- Nun recipiente mesturar o zume de lima, o aceite, o cilantro picado e a pel relada da lima.
- Botar por enriba das vieiras.
- Espolvorear coa pementa negra e o chile picado moi fino.
Dificultade: Facilísimo
Tempo aproximado: 15 minutos.
Comentarios
Publicar un comentario
Encantaríame saber a túa opinión