Hai pouco lin nalgún sitio, que o iogur grego se prepara deixando escorrer o iogur ata que teña a cremosidade adecuada, pero non leva nata engadida. Así que decidín intentalo, efectivamente conseguín un iogur moi cremoso feito con leite semidesnatado. Acompañado do puré de mango quedou delicioso.
Condo fixen o iogur para o meu gusto ainda estaba pouco ácido, así que deixei que repousara fóra da neveira ata o día seguinte e entón sí que tiña a acidez que me gusta a mín, este paso pode omitirse segundo o gusto de cada un.
Dificultade: Fácil
Tempo aproximado: 7 horas incluíndo o tempo que o iogur estivo drenando.
Alérxenos:
Condo fixen o iogur para o meu gusto ainda estaba pouco ácido, así que deixei que repousara fóra da neveira ata o día seguinte e entón sí que tiña a acidez que me gusta a mín, este paso pode omitirse segundo o gusto de cada un.
Ingredientes:
1 litro de leite semidesnatado, 150 g de iogur natural, 1 mango maduro, o zume dunha lima, 2 culleres de azucre moscovado, unhas follas de herbaboa.Elaboración:
- Quentar o leite a 90ºC, deixar que arrefríe ata 40ºC.
- Engadir o iogur e mesturar ben.
- Meter a tarteira no forno coa función fermentar durante 5 horas.
- Mentres, pelar o mango e cortalo en cubiños pequenos.
- Poñelo nunha tartaira xunto co zume de lima, o azucre e a herbaboa moi picadiña.
- Deixar que se faga a lume lento.
- Cando o mango estea feito retirar do lume e triturar coa batedora. Reservar.
- Despois das 5 horas cando o iogur estea feito sacalo do forno e deixar que arrefríe a temperatura ambiente.
- Probar o iogur e, se é necesario, deixalo repousar fóra da neveira ata que teña unha acidez ao gusto.
- Cubrir un coador cun pano limpo de tea fina.
- Botar o iogur no coador e deixar que escorra a auga ata que o iogur teña a cremosidade que se queira. Mentres drenas o iogur déixao repousar na neveira.
- Poñer no fondo dun vasiño unha culler de puré de mango e enchelo co iogur.
- Gardar na neveira ata que se consouma.
Dificultade: Fácil
Tempo aproximado: 7 horas incluíndo o tempo que o iogur estivo drenando.
Alérxenos:
Comentarios
Publicar un comentario
Encantaríame saber a túa opinión