Esta receita case non é unha receita, é tan fácil, tan fácil que dubidei se publicala ou non. É unha forma estupenda de aproveitar os plátanos que xa están excesivamente maduros e que, polo menos a min, xa non nos apetece comer.
Encántame comer plátano acompañado dun anaco de chocolate, así que me parece que o chocolate, de diferentes maneiras, salsa, relado, etc... é perfecto par acompañar este sorbete.
O puré de plátanos maduros queda tan cremoso que o resultado é como un xeado, aínda que en realidade non leva ningunha graxa e por tanto é un sorbete.

Ingredientes:
Plátanos moi maduros, azucre ao gusto, chocolate relado para acompañar.Elaboración:
- Pelar e quitarlle as fibras aos plátanos.
- Poñelos na batedora e facer un puré fino.
- Probar e engadir un pouco de azucre se é necesario.
- Pasar o puré á máquina de xeados*.
- Gardar no conxelador.
- Para consumir sacar un pouco antes.
*Pode facerse sen máquina metendo o puré no conxelador ata que empece a conxelar, entón sácase e bátese, repítese esta operación ata que o xeado quede cremoso.
Dificultade: Facilísimo.
Tempo aproximado: 30 minutos.
Alérxenos:
Non contén
Comentarios
Publicar un comentario
Encantaríame saber a túa opinión