Madalenas de fariña de arroz

Hai tempo que quero utilizar fariña de arroz nalgúns postres. Empezamos con estas madalenas baseadas na receita de Xavier Barriga. O que máis me gusta da receita é que se utiliza aceite de oliva en vez de manteiga, e  así non produce tantos remorsos comelas. Quedaron moi ricas e realmente son fáciles de elaborar así que penso que van converterse na receita de "cabeceira" para madalenas.



Ingredientes:

3 ovos medianos, 125 g de azucre, 210 g de fariña de arroz sen glute, 60 ml de leite enteiro, 100 ml de aceite de oliva virxe extra variedade arbequina, un chisco de canela, a pel relada dun limón, 10 g de impulsor químico sen glute.


Elaboración:


  1. Bater os ovos co azucre.
  2. Cando estean brancos engadir a fariña, o impulsor, a canela e a pel de limón. Mesturar todo suavemente.
  3. Engadir o leite e mesturar ata que estea incorporado.
  4. Engadir o aceite e mesturar.
  5. Deixar repousar a mestura na neveira 24 horas.
  6. Quentar o fornor a 250ºC.
  7. Encher os moldes de madalenas ata 2/3 da capacidade. Botarlles un pouco de azucre por enriba.
  8. Baixar o forno a 210ºC e meter as madalenas, deixar que se fagan ata que estean douradas, uns 15 minutos.




Dificultade: Moi fácil.
Tempo aproximado: 40 minutos máis o repouso.
Alérxenos:


Comentarios